Memorias de investigación
Ponencias en congresos:
Entornos rurales gallegos: inspiración estructural para la Unidad Vecinal n3 del Polígono de Elviña
Año:2015

Áreas de investigación
  • Arquitectura

Datos
Descripción
Entre 1965 e 1967, constrúese nas antigas aforas de A Coruña, A Unidade Veciñal n3 do Polígono de Elviña (do arquitecto José Antonio Corrales), un conxunto de bloques de vivenda edificados cunha unidade lingüística e unha lonxitude total de fachada acumulada de 472m. Este edificio, que nos gusta definir como unha Infraestrutura residencial XL (termo que profundizaremos máis adiante) está inspirado nas relacións urbanas de pequena escala, o que o propio autor indicaría en 1997 expresando que o desenvolvemento do conxunto pretendía eliminar os límites da vivenda, a arquitectura e o urbanismo, utilizando percorridos exteriores para evitar unha mentalidade insolidaria e fomentar a creación de comunidade. Con estas intencións de partida no deseño das vivendas, xurde a inquedanza das posibles similitudes ou converxencias que unha edificación moderna, e que sigue as doutrinas deste movemento, podería ter coas estruturas do rural galego. Como Lisón definira en 1977, unha aldea é unha pequena comunidade onde a participación individual de cada veciño completa o coidado do común. Partindo de este punto, comeza un estudo comparativo entre o estudo de caso seleccionado e a arquitectura popular galega nas súas diferentes escalas territorial, urbana, obxectual e residencial. Aflorarán diversas converxencias estratéxicas nas resolucións adoptadas arquitectonicamente como o uso de soportais nas plantas baixas, elevación da planta principal respecto ao acceso, apertura cara a orientación sur ou masividade construtiva, entre outros, que poderían posuír principalmente unha xustificación climatolóxica. Aínda que nas ilustracións aportadas as semellanzas parecen moi próximas, débese destacar que o autor do estudo de caso non era galego, non obstante, en diversas biografías recoñecería a súa estreita relación con esta terra mediante o seu socio, Ramón Vázquez Molezún. Congreso organizado por la Facultade de Ciencias da Educación, en Ourense del 9 al 13 de octubre.
Internacional
Si
Nombre congreso
V Congreso de Patrimonio etnográfico y II internacional
Tipo de participación
960
Lugar del congreso
ourense
Revisores
Si
ISBN o ISSN
978-84-608-4318-4
DOI
Fecha inicio congreso
09/10/2014
Fecha fin congreso
13/10/2014
Desde la página
101
Hasta la página
109
Título de las actas
Actas do V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego (II Internacional)

Esta actividad pertenece a memorias de investigación

Participantes

Grupos de investigación, Departamentos, Centros e Institutos de I+D+i relacionados
  • Creador: Grupo de Investigación: Vivienda Colectiva